Empezan as Festa do Carme en Porto do Son . Até dezasete agrupacións actuarán entre o 7 e o 11 de setembro

05 Setembro 2024

Quen pense que con agosto remata o verán e, tamén, as súas celebracións, os concellos do Barbanza ofrécenlle unha chea de argumentos en contra. Por exemplo o Concello de Porto do Son, que como vén sendo tradición conmemora as súas celebracións estivais máis relevantes (as Festas do Carme) no primeiro treito do mes de setembro, desta volta entre o 7 e o 11 de setembro.

Por certo que a Área de Cultura do Concello vén de compartir nas redes a axenda de celebracións, unha completa programación que inclúe propostas e actividades para residentes e visitantes de todas as idades e con todo tipo de gustos e tendencias.

A persoa encargada de dar o pregón, o sábado 7 ás 13.30 horas na praza de España, será o médico, profesor e escritor muradán Juan Gestal.

A axenda inclúe dezasete bandas convidadas: a agrupación local Canlebó de Camboño, o Grupo Assia, a orquestra La Ocaband, a Banda de Música de Noia, a Xurxo Fernandes, Claxxon, New York Orquestra, a Banda de Música de Caamaño, Paco de Leña, os noieses Monoulious DOP, Orquesta Finisterre, Chocolate Disco Móvil & Radio, a orquestra París de Noia (oficial), La Banda de Ayer, a orquestra Kubo, a orquestra Marbella e a Charanga Os Celtas (que protagonizará a traca final das celebracións, o mércores 11, logo dos fogos de artificio da medianoite).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.