Arde por completo un barco pesqueiro atracado no peirao de Camariñas

04 Setembro 2024

Logo da extinción, a embarcación acabou afundindo. Os servizos de emerxencias xa estenderan as barreiras anticontaminación para conter unha posible vertedura de combustible no mar.

A las 10.15 horas, bombeiros de Carballo confirman o afundimento do pesqueiro.
Ás 2.13 horas, o 112 Galicia informa o Centro de Coordinación de Salvamento (CCS) de Fisterra de que o pesqueiro JAUNGOIKOA está incendiado no atraque do poerto de Camariñas sin tripulación a bordo.

O barco Jaungoikoa empezou a arder as 2.15 e continuou durante toda a noite e os medios continúan actuando no punto, onde o lume está controlado pero non extinguido.

Pasados dez minutos das 2 horas da madrugada, un particular informou ao 112 Galicia de que estaba a arder un barco de pesca atracado no novo peirao de Camariñas. No momento da chamada, explicaba que as lapas xa acadaran o posto de mando e que se escoitaban explosións, así como que non había persoas afectadas.

Desde o 112 Galicia informouse para este operativo a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e de Carballo e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas.

Foron precisamente estes últimos os que, cando chegaron ao lugar, comprobaron que na embarcación había diversos elementos de risco como bombonas de osíxeno. Naquel momento, Salvamento Marítimo traballaba na extinción do lume desde o seu buque Salvamar Altair, e precisaron que na cuberta do barco había dúas bombonas de butano. Con todo, confirmaron que non había outras embarcacións próximas que corresen perigo.

Ao mesmo tempo, a Xunta de Galicia activou o Plan Territorial de continxencias por contaminación mariña accidental (CAMGAL) en fase de alerta para conter e controlar unha posible vertedura a consecuencia deste incendio.

Pouco antes das 9 horas, os Bombeiros de Carballo sinalaron desde o punto que o lume estaba controlado, aínda que seguen traballando para a súa total extinción, só resultando afectado o barco no que se orixinou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.