“Aprender a querer aos que tanto nos quixeron” – Antón Luaces

05 Setembro 2024

Cada vez son máis os maiores que viven sós. Cada vez son máis os maiores recluídos en centros da terceira idade. Cada vez máis a sociedade galega pisa os carreiros trillados dende vai anos por aqueles que “inventaron” que os maiores -por non dicir os vellos- significan un “enorme peso” para eles unha vez que -ela ou el- perden a súa parella. 

Setecentos mil galegos (un de cada catro cidadáns desta comunidade autónoma) somos maiores de 65 anos, o que significa que estamos (ou deberiamos estar) xubilados. Pero en Galicia só o 2,84% destes teoricamente “xubilados”teñen a posibilidade de seren atendidos nunha residencia das poucas existentes no país. E só o 14% das prazas de acollida existentes son públicas. 

Galicia dispón, se os datos oficiais son correctos, de 341 residencias, con prezos que oscilan entre os 1.610 euros mensuais e os 2.386, segundo consta na información consultada; en Ourense, 1.610 euros; en Lugo, 1.685: en Oleiros (A Coruña) entre 1.988 e 2.258 euros; na Coruña, de 1.900 a 2.220 euros (na zona residencial da Zapateira, ata 2.386 euros ao mes); e en Pontevedra e Vigo, dende os 1.800 ata os 2.350 euros.

Son estes, como pode comprobarse, prezos que un xubilado non pode permitirse pagar e que obrigan a recorrer a unha axuda económica familiar que non sempre se pode prestar, ou a vivir só alí onde residía anteriormente coa súa parella, sexa en alugueiro ou asumindo os gastos que xera a vivenda propia (luz, auga, gas, cargas municipais, alimentación e, no seu caso, pagar a quen faga a limpeza da casa, da roupa de cada quen e/ou a comida).

Son datos que, en xeral, non vai moito barallaba o Partido dos Socialistas de Galicia a través dunha intervención realizada no Parlamento de Galicia pola deputada Paloma Castro, quen acusou á Xunta de “priorizar” as residencias de maiores privadas  cando Galicia é a cuarta comunidade autónoma con menos prazas do Estado.

Nun escrito feito público, a deputada socialista denunciou que o goberno galego non presentou o seu modelo de atención aos maiores e advertía que o desleixo da Xunta ao renunciar a construir unha residencia en cada unha das grades cidades galegas é debido a que a Consellería de Política Social “está máis preocupada por protexer o negocio dunha empresa privada que de prestar un servizo público de calidade á cidadanía galega”.

Das 341 residencias existentes en Galicia, 29 están nalgunhas das maiores cidades da provincia coruñesa:  20 na Coruña, capital; 4 en Oleiros, 3 en Narón  e 2 en Carballo.

Talvez estes datos non o expliquen totalmente, pero poden encamiñar ao lector cara unha explicación do motivo polo que en Galicia, tantos maiores viven sós. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.