Adrián Mosquera acadou o segundo posto da final B dos Xogos de París

09 Setembro 2024
Adrián Mosquera nos Xogos de París 2024 nunha imaxe de Mikael Helsing / CPE.

Finalmente o padexeiro rianxeiro Adrián Mosquera acadou o 10 posto na súa segunda participación nuns Xogos Paralímpicos, os de París 2024, na modalidade paracanoe VL3 200.

Adrián concluíu a semifinal cun tempo de 50”74, o que non lle deu o paso para a final A. Porén, na final B logrou un máis que destacado segundo posto, cun tempo de 52”54, por detrás do arxentino Emilio Atamanuk e por diante do italiano Mirko Nicoli.

Dende o Concello de Rianxo celebraron este fito deportivo cualificándoo de “imaxe histórica” e de “fazaña que ningún rianxeiro conseguira antes, e que converte Mosquera nun referente do noso deporte”.

Mosquera converteuse hai tres anos no primeiro piragüista galego na historia en disputar uns Xogos Paralímpicos, os de Tokio, onde foi terceiro na final B. O deportista rianxeiro é un modelo de superación vital e deportiva. Lembrar que á idade de 12 anos sufriu un atropelo cando se dirixía a Rianxo para adestrar, o que provocou que os médicos tiveran que amputarlle a perna por enriba do xeonllo. Exemplo de resistencia, Adrián volveu un tempo despois ao deporte cunha prótese que lle permitiu converterse no referente remeiro de Galicia e España que é na actualidade. Este mes e xullo celebrou o seu 28 aniversario.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.