Accidente con catro coches en Padrón

06 Setembro 2024
GES Padrón

Na tarde deste venres, case ás 18:00 horas, produciuse outro accidente con catro turismos implicados, no quilómetro 75 da N-550. Segundo lle comentou o alertador ao 112 Galicia, había unha muller que precisaba asistencia sanitaria.

Con isto, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Padrón, á Policía Local e á Garda Civil de tráfico. Ademais, os axentes da Garda Civil solicitaron servizos de mantemento por mor de restos do accidente na estrada.

Finalmente houbo unha persoa ferida de carácter leve que foi trasladada polo persoal sanitario. No punto permanecía a Garda Civil á espera duns guindastres para a retirada dos vehículos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...