A Biblioteca Municipal de Noia presentou o programa de actividades de Ler Conta Moito para este mes de outubro, que inclúe cinco citas para a rapazada no Edificio do Casino. A primeira (para nenas e nenos de 4 a 8 anos) será Diagnosticando a realidade de Caxoto e será o día 4 de outubro no Casino, con entrada libre (até completar aforo) a partir das 18.30 horas.
A segunda cita será O son das palabras, a cargo de Narci Rodríguez. Celebrarase o día 11 de outubro (venres) a partir das 18.30 horas, no Casino. A entrada será libre até completar aforo (máximo 50 persoas).
O 18 de outubro desenvolverase un obradoiro de contacontos sensorial para bebés, a partir das 18.30 no Casino, tamén con entrada libre. Será impartido por Eduvía, con entrada libre até completar aforo.
O ciclo rematará o 25 de outubro, venres, cun obradoiro de banda deseñada para a rapazada. Levarase a cabo (tamén) no Edificio do Casino a partir das 18.30, cun máximo de 15 nenas e nenos. Este taller de cómico será impartido pola Compañía Garabullo.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais. A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegar á cidadanía a lectura e a información “dunha maneira lúdica e atraente”.