“Un adeus a Sito Sedes: dos Satèlites a Los Tamara”. Antón Luaces

22 Agosto 2024

Son nomes que nunca poderán disociarse: Sito Sedes (que comezou sendo Sito López na orquestra Los Satélites) foi todo un referente na música de Galicia como “vocalista” (así se denominou ao cantante solista das orquestras) de Los Satélites, formación musical coruñesa na que se integraban -aló polos anos 70- bo número de mestres da banda militar de música cuxos ensaios se realizaban nunha ampla sala do primeiro andar do cuartel de Atocha, á que se accedía por unha escaleira de chanzos ben gastados posuidores, sen dúbida, dunha máis que interesante historia (tamén musical).

Sito Sedes, naronés con fortes vencellos a Fene, faleceu o pasado mes de xullo aos 78 anos. Durante 14 da súa vida formou parte da orquestra coruñesa e, dende os seus principios aquí, mantivemos unha fonda amizade. Ultimamente viámonos por Monelos nas nosas andainas recomendadas polos médicos. Falabamos de todo o habido e por haber e tamén, como está mandado, dos problemas de sáude de cada un de nós. E de seguido viñan as lembranzas: cando visitaba a radio  na que eu traballaba, o seu labor de produción na TVG, os fillos, a vida, as xiras, as actuacións, como cada un de nós disfrutabamos traballando no que, certamente, nos gustaba. Un café descafeinado con leite e volta ás lembranzas: nunha ocasión díxome: “Tes que facerme a letra para unha canción. Da música non te preocupes, é cousa nosa”. Neguéime. Sorprendido pola negativa preguntou o por que. A miña resposta foi contundente: “Cando escribo unha canción, ocúpome da letra e máis da música”. Sito -daquelas López- que me coñecía moi ben, botou unha gargallada e dixo: “Pero se ti non tes idea de música!”. Agora o que ría era eu. “Xosè” (Iglesias de Souza) ten varios temas meus. Pregúntalle”. 

Menos mal que Sito non o creu porque, certamente, a música -que me gusta con loucura- é para min chinés. Nen idea. E aínda así, insistín, terqueando: “Vai ao rexistro da Sociedade de Autores e comproba quen é o autor de “Amila”. Se son eu, pagas unha comida”. Aceptou. E á seguinte semana veu pola Radio, con faciana de cabreo. “Non hai rexistrada ningunha canción con este título. Mentes!”. 

Era eu o que agora ría: “Non miraches ben, Sito”, respostei. “Mirei, mirei”, sorría. E eu, moi serio: “O tema é un cha cha cha e o seu título completo é Amila Casera!”. 

Librei de miragre dun empurrón ben dado e rematamos rindo ambos os dous cando Sito ceibou un sonoro “És ben cabrón!”. 

Contou a anécdota a toda a orquestra, tal e como, uns días dempois, relataba o excelente trompetista de Los Satélites, Willy Marambio, que botara aquí uns anos.

O derradeiro disco de Sito Sedes en solitario foi gravado en 2016. Un dos que marcou a súa estadía en Los Satélites foi o popularísimo “Así empezaron papá y mamá”. Logo veu a etapa con Los Tamara. Inesquecible sucesor de Pucho Boedo, o propio Sito falaba con reverencia de Pucho para concluir que aínda non nacera o seu substituto.

O tempo con Los Satèlites, cando esta era dirixida por Francisco Saavedra, deixou unha fonda pegada nesta histórica orquestra. Como a deixou en Los Tamara ou posteriormente nos Garufa Blue Devils Big-Band.

Permítame o lector esta licencia de lembrar a un admirado e entrañable amigo de quen, vai unhas horas, escoitaba “Guantanamera” e nun día no que irei aos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, no segundo día do Festival de Habaneras. Por se vexo poor alñi, coa súa “guayabera” a Sito Sedes.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...