Ribeira acolle este sábado un circuíto sensorial para a rapazada

02 Agosto 2024

Este sábado día 3 de agosto en colaboración co Concello de Ribeira e Festexos Ribeira, a Asociación Ágape organiza un evento “moi especial” encadrado na programación das Festas de Verán. Trátase dun circuíto sensorial para os cativos onde poderán experimentar con cada un dos sentidos do seu corpo. Para esta actividade a organización mobilizará unha chea de voluntarias e voluntarios e tamén unha terapeuta ocupacional que é unha das asesoras de todo isto. “Todos os nenos van poder desfrutar ao máximo da actividade, tan se son neurodiverxentes como se non”, explican dende Ágape e o Concello, engadindo que a cita será na praza Pablo Neruda a partir das 11.00 horas.

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.