Presentados os 56 novos axentes e inspectores en prácticas da provincia da Coruña, 4 na Comisaría de Ribeira

08 Agosto 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu este xoves 8 de agosto o acto de presentación dos e das novas 56 axentes e inspectores da Policía Nacional que se incorporan en prácticas ás comisarias de Coruña, Santiago, Ferrol e Ribeira (neste caso un total de catro).

Na cita reiterou “o compromiso do Goberno de continuar aumentando os cadros da Policía Nacional, que hoxe alcanzan o máximo histórico de efectivos nas comisarías galegas”. Destacou tamén que case a metade dos efectivos destinados a Galicia incorpóranse nas 4 comisarias da provincia. Son 49 os e as axentes de policía en prácticas e 7 inspectores e inspectoras que estarán destinados nas comisarías, e que forman parte dos e das 116 axentes e inspectores da Policía Nacional que se incorporan en prácticas ás comisarías de toda Galicia.

Na súa intervención, María Rivas puxo en valor “o esforzo económico e orzamentario do Goberno de Pedro Sánchez para recuperar a perda de efectivos dos anteriores anos con convocatorias que recollen unha taxa de reposición do 125%”. A subdelegada sinalou que “este esforzo tradúcese nas máis de 18.000 prazas convocadas para o ingreso na Escala Básica da Policía Nacional nos últimos anos”. A subdelegada tamén puxo en valor as medidas levadas a cabo para favorecer a incorporación das mulleres.

Na presentación María Rivas, estivo acompañada polo comisario provincial de Policía, Carlos Gómez.

Ao comezo do acto, gardouse un minuto de silencio en repulsa polo crime machista cometido esta pasada semana na cidade. A subdelegada tamén tivo palabras de recordo para a familia da falecida ao tempo que manifestou a máis absoluta repulsa e este tipo de crimes, instando aos novos axentes a redobrar os esforzos na loita contra a violencia de xénero e na protección das mulleres.

Este acto marca o comezo da formación sobre o terreo dos e das 56 policías en prácticas que chegan á provincia e que forman parte dos 116 que chegar a Galicia: 90 homes e 26 mulleres. Concretamente na provincia son 24 policías en prácticas os que prestarán servizo na Coruña, 9 en Ferrol, 14 en Santiago de Compostela, e 4 en Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.