O Laboratorio Ecosocial do Barbanza interésase polo modelo do Centro de Transformación A Fusquenlla

28 Agosto 2024

A responsábel de Emprego, Industria, Medio Ambiente e Política Demográfica, Rosa Ana García, visitou o Centro de Transformación A Fusquenlla de Moeche, un dos 11 centros integrados na Rede Provincial de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña, xunto con representantes do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que se interesaron no modelo da Rede e no funcionamento do centro. Na visita participaron tamén a deputada Cristina García Rey e a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy.

Referente en produtos locais do campo e da horta

Centro de Transformación A Fusquenlla posicionouse como un referente na valorización de produtos locais do campo e da horta. Este centro, dedicado á transformación de produtos agroalimentarios baixo criterios de sustentabilidade e calidade, busca contribuír ao fortalecemento do tecido empresarial rural e promover o desenvolvemento económico e social da súa contorna, cun especial enfoque na sustentabilidade e o respecto polo medio ambiente. Dando servizo aos municipios de Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Valdoviño, Cedeira, Narón e As Pontes o Centro da Fusquenlla permite a pequenas explotacións e particulares da provincia da Coruña procesar as súas colleitas e elaborar produtos como conservas vexetais, zumes, marmeladas e mel, contribuíndo ao aproveitamento e transformación de produtos agroalimentarios locais e promovendo un sistema alimentario sostíbel.

O da Fusquenlla é un proxecto de especial interese para o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que busca conectar con outras iniciativas para poder aprender das súas experiencias e establecer unha rede de coñecemento sobre a xestión sustentable do territorio.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza nace para facilitar o cambio a un modelo multifuncional dos montes do Barbanza, e para impulsar a transición cara a sustentabilidade ambiental e a resiliencia do territorio ante os lumes forestais que a comarca sofre con frecuencia. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Integran o Laboratorio Ecosocial do Barbanza a Fundación RIA (entidade coordinadora), a Plataforma pola Defensa do Monte, a Universidade de Santiago de Compostela (a través do CISPAC e os grupos de investigación Histagra e Uxafores), a Universidade Pablo de Olavide, o Concello de Rianxo e a Fundación Montescola.

A visita do Laboratorio ao Centro da Fusquenlla está relacionada coas accións dinamizadas neste proxecto pola Plataforma pola Defensa do Monte e que contan coa colaboración da CMVMC de Baroña, centradas en promover a gandería rexenerativa e a posta en marcha dun centro de transformación de materias primas no Barbanza.

Na visita deste 28 de agosto asistiron Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte; Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña; e Adrián Capelo, representante da Fundación RIA e coordinador do proxecto; que xunto coa deputada Rosa Ana García compartiron ideas sobre o papel do Centro de Transformación A Fusquenlla como motor de oportunidades para o rural e reafirmaron o seu compromiso de seguir colaborando en iniciativas que promovan un futuro máis sustentábel.

A Deputación da Coruña está a explorar novas iniciativas para impulsar o desenvolvemento sostíbel tamén na comarca do Barbanza.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.