Parada por decreto a costeira da xarda e paralizada asimesmo a campaña da anchoa e sempre con prezos inferiores aos agardados, a actual campaña de bonito só crea, ata o de agora, espectativas e escasas realidades de beneficio: 2024 non está a resultar un ano cando menos aceptable para as frotas de baixura de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, integrantes estas dun censo total de 553 cerqueiros que, como dicía vai uns días un armador galego “están a velas vir”.
Moito ten que millorar a situación para que a valoración dos propios actores desta nada positiva campaña modifique a conclusión final.
O de Guetaria foi días pasado o porto no que, maioritariamente, descargou este ano a reducida frota boniteira galega con base, principalmente, nos portos de Burela, Celeiro e Portosín que acadaron mínimas capturas -en número de pezas e talla e prezos destas. Salvouna, ata o momento, o feito de que na costeira deste ano os barcos non tiveron que realizar grandes desprazamentos, o que significa un menor gasto en combustible.
E aquí foi onde a crúa realidade fixo que os boniteiros galegos -coma os seus compañeiros das comunidades autónomas colindantes- estableceran as primeiras comparacións nos desembarques de bonito -pequeno e irrendible- realizadas ata a actualidade e que, con relación a anos anteriores, nomeadamente 2019 , excepcional en prezo e volume.
Por se fose pouca a redución experimentada nas descargas, os prezos acadados en 2024 e os beneficios derivados delas tampouco crean satisfación algunha, Pescadores e armadores, malia todo, non perden a confianza e agardan un cambio, xa, para esta mesma semana sobre todo no tamaño dos indivíduos. Agoiran bonito grande para levantar os ánimos e reducir a perda ata o día de hoxe acumulada: os oprezos oscilaron a semana anterior entre os 3,40 e os 3,59 euros o quilo, se ben en segunda venda chegou a subhastarse a 4,60 euros.
Falla tamén, afirman os mariñeiros, a escasa demanda do mercado de fresco, ocasionada ao seu entender pola actitude das conserveiras, que non están a comprar nas lonxas. O importante stock de bonito en conserva reduce lamentablemente o consumo do fresco.
Aína que este ano as capturas desta especie producíronse mais preto da costa, o çerto é que a competencia do bonito canario poido ter influído na costeura do Cantábrico- E se sumamos a todo isto o Total Admisible de Capturas (TAC) fixado pola Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT) para o total de portos do Cantábrico (non superan as 16.000 toneladas para o total dos portos do Cantábrico) xa temos a radiografía completa dujnha campaña ruinosa para a frota do norte e noroeste de España.



