O martes teremos nubes baixas e brétemas costeiras durante a mañá na costa atlántica disipándose co paso das horas. No resto de Galicia os ceos quedarán moi abertos, agás no norte do territorio onde seguiremos con máis nubes. As temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e as máximas sufrirán un descenso especialmente na nosa comarca. Os ventos soprarán do noroeste frouxos en xeral.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e 1 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



