Mar insiste que en Cabo de Cruz se está aplicando a normativa vixente e os seus propios plans de xestión

14 Agosto 2024

A Consellería do Mar insiste en que, fronte as manifestacións realizadas no día de hoxe por membros da agrupación de marisqueo a flote da confraría de Cabo de Cruz, a administración autonómica só esta aplicando a normativa en vigor e o establecido nos propios plans de xestión de ambos colectivos que están dispoñibles no portal de Pesca de Galicia.

Desde o Goberno galego lamentan que este enfrontamento interno está afectando gravemente ao normal funcionamento do pósito composto por 330 membros, dos cales 199 corresponden a marisqueo a pé e 98 a marisqueo a flote. Desde o departamento dirixido por Alfonso Villares recálcase a vontade de diálogo que se ven mantendo ao longo de todo o conflito entre os profesionais de a pé e os de a frote celebrándose a última reunión o pasado 8 de agosto na que participaron o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, na sede central do ente público.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.