O luns agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con entrada de nubes baixas polo noroeste a partir da noite. As temperaturas mínimas apenas terán cambios mentras que as máximas experimentarán ascensos lixeiros no litoral, moderados no interior. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos moderados no mar nas Rías Baixas.

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



