Lixó (Palmeira) disporá en datas vindeiras de saneamento e abastecemento de auga

07 Agosto 2024

O rexedor de Ribeira, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, e a enxeñeira municipal fixeron este 6 de agosto unha visita ao núcleo de Lixó, na parroquia de Palmeira, para supervisar as obras que se están a acometer dirixidas a cubrir unha necesidade demandada pola veciñanza: a habilitación da rede de saneamento (“que permitirá unha correcta xestión dos residuos”) e da liña de abastecemento de auga para consumo doméstico.

Segundo explicaron Luís Pérez e Vicente Mariño, as obras avanzan a un bo ritmo pese a dificultade que se atoparon os técnicos da empresa adxudicataria coas laxes de granito cando estaban procedendo á escavación da gabia.

A adxudicación da obra foi concedida á empresa Excavaciones Mina S.L. cun orzamento total de 149.876,17 € a levar a cabo en catro meses.

“Grazas a actuación como esta a veciñanza de Lixó disporá de dous servizos esenciais como son a auga para consumo e o saneamento, por tanto seguimos avanzando na dotación de servizos fundamentais a núcleos que até agora carecían deles” concluíu o rexedor.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...