Francisco Castro ofrece en Portosín este domingo o espectáculo “Cantigaéverso”

29 Agosto 2024

O músico e escritor galego Francisco Castro vai estar este domingo 1 de setembro en Portosín, na praza do Curro ás 13.00 horas, para ofrecer un concerto a residentes e visitantes: o espectáculo Cantigaéverso.

A cita encádrase no programa cultural FalaRedes da Secretaría Xeral da Lingua, coa colaboración do Concello.

Cantigaéverso é un espectáculo poético e musical a cargo do escritor, editor e músico Francisco Castro e do músico e produtor musical, Federico Welicki, no que se repasan e revisitan os clásicos da poesía galega musicada.

Trátase dunha cita na que os dous músicos en escena, reforzados por un percusionista, fan unha viaxe completa pola historia das composicións poéticas que versionaron os nosos grandes músicos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.