En Ribeira presentaronse os Obradoiros para persoas maiores (curso 2024/25)

31 Agosto 2024

O tenente de Alcalde, Vicente Mariño xunto cos presidentes/as do Club de Xubilados de Aguiño, Corrubedo e Ribeira máis a técnica de Servizo Sociais do concello, presentaron os obradoiros gratuítos para o curso 2024/25 que vanse a impartir en tódalas parroquias de Ribeira no marco do Programa de Dinamización e Promoción Social para Persoas Maiores da concellería.
Mariño agradeceu o estar arroupado polos presidentes/as dos clubs de xubilados, e informou que neste ano adiantouse a convocatoria por petición dos usuarios dos propios cursos en anteriores edicións.
Prescricións:
As prescricións comezaran o 1 de setembro e poderanse anotar:
a) Departamento da concellería de Servizos Sociais
b) No taboleiro de anuncios da web do concello.
c) Nas dependencias do concello (auditorio vello).
Mariño recalcou que para a programación dos obradoiros a concellería fixo un esforzo económico importante para a gratuidade dos mesmos, esforzo que redundará nunha maior oferta e calidade para os usuarios.
Obradoiros:

  1. Aula sociocultural para maiores (memoria)
  2. Enriquecemento educativo (reforzo). Aguiño e Ribeira.
  3. Lingua e cultura galega (Servizo de Normalización)
  4. Conversa en inglés
  5. Artes plásticas
  6. Taek-Health
  7. Ximnasia adaptada
    Os obradoiros serán impartidos por persoal do concello e tamén se disporá de dúas psicólogas.
    O día 7 de outubro comezarán os obradoiros e nos primeiros días do mesmo se publicarán as listas e os horarios definitivos.

Servizos Sociais Comunitarios de Ribeira:
Praza 8 de Marzo s/n.
Edificio Mirador de Padín
15960 · Ribeira
servizossociais@ribeira.gal

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.