En Ribeira dúas persoas resultan feridas despois dun accidente entre unha moto e un motocultor. En Rianxo extinción de incendio de contedores

11 Agosto 2024

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ribeira foron alertados dun accidente de tráfico entre unha moto e un motocultor na parroquia de Carreira, no Concello de Ribeira.

O accidente resultou con dous feridos, o conductor do motocultor foi trasladado ao Hospital da Barbanza e o conductor da moto foi evacuado en helicóptero ata o CHUS.

O operativo realizou tarefas de asistencia sanitaria e limpeza de vía.

O motorista tivo que ser evacuado a bordo dun helicóptero medicalizado ata o Hospital de Santiago de Compostela, o ferido do motocultor foi evacuado en ambulancia ata o Hospital do Barbanza.

Quince minutos antes das 13 horas o 112 Galicia recibía o aviso por parte dun particular dun accidente producido entre unha moto e un motocultor na DP-7306, ao seu paso por Carreira, en Ribeira. Na súa comunicación xa falaba de persoas feridas, polo que desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O persoal sanitario mobilizou ata o punto a aeronave medicalizada e unha ambulancia, que se encargaron de trasladar aos feridos ata os respectivos centros hospitalarios.

A maiores, desde o 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos Bombeiros de Ribeira, dos membros do GAEM de Ribeira, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Por outra banda unha dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro interviron en extinción de incendio de contedores de lixo en Traba no Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.