
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 10:50 horas da mañá de hoxe, martes 13 de agosto, da existencia dun niño de velutina nunha maceira fronte á Igrexa Parroquial de Isorna, no concello de Rianxo.
Este elemento estaba situado a unha altura de 4 metros, o que resultou difícil acceder polas ramas da maceira, aínda que quedou envelenado.
Indícase á veciñanza que haberá que realizar un seguimento para que non se repita no mesmo punto, rematando o servizo coa situación controlada.


