Desactivan granada de morteiro e nove foguetes antigranizo en Noia

06 Agosto 2024
Garda Civil

Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos (TEDAX) da Garda Civil, en colaboración con axentes locais de Noia, desactivaron unha granada de morteiro e nove foguetes antigranizo atopados nesta localidade.

Un cidadán alertou á Garda Civil tras descubrir unha granada de morteiro, tipo Valero, de 50 mm de calibre da Guerra Civil Española, xunto con nove foguetes antigranizo de fabricación nacional en mal estado de conservación, mentres limpaba o rocho do seu defunto avó.

Tras recibir o aviso, unha patrulla desprazouse ao lugar para verificar a situación. Posteriormente, o equipo TEDAX da Coruña encargouse da incidencia e realizou a desactivación controlada dos 10 artefactos nunha canteira local.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...