“Bólas de chapapote aparecen en bo número en praias das provincias da Coruña e Lugo e o occidente asturiano”. Antón Luaces

08 Agosto 2024

Está visto que Galicia non pode superar con tranquilidade os episódios de verteduras, provocadas ou non, que emporcan os areais e provocan danos na flora e na fauna mariñas.

Agora son polo menos unha ducia as praias que, dende Malpica a Ribadeo, fan revivir lamentables circunstancias que relembran as verteduras de chapapote dos buques Urquiola, Prestige e Aegean Sea (entre outros) e de pellets do Toconao. 

Novamente, a contaminación é evidente na franxa costeira, de xeito especial nas praias da mariña lucense e en forma de pequenas bólas de chapapote, de cuxa orixe nada saben as autoridades, sen que entre a xente de mar se desbote a posibilidade dun sentinazo (limpeza de sentinas) na vertical de Ribadeo.

Os primeiros avistamentos destas bólas de chapapote producíronse a principios de semana na praia da Marosa, concello de Burela. Trátase dunha nada pequena cantidade de diminutas bólas de alcatrán, asimesmo avistadas en Ribadeo e Foz e, posteriormente, en Cariño e Valdoviño, segundo informou o colectivo ecoloxista A Mariña sen Plástico que, na súa rede social de Instagram, se refería a unha importante cantidade desas bolechas.

Vinte anos despois do desastre do Prestige, praias da Illa de Arousa apareceron con “galletas”  de chapapote entre as algas arrastradas ás praias pola maré. Ignórase a súa procedencia, pero Salvamento Marítimo e Gardacostas mobilizaron o helicóptero Pesca I, con base en Vigo, segundo a información facilitada pola Consellería do Mar. Outras fontes citan a retención dun buque en Vigo presuntamente relacionado cunha vertedura ao mar de augas sucias que chegaron en forma de chapapote á Illa de Arousa, o que podería entenderse coma un “sentinazo”. Outra organización  medioambientalista, Noia Limpa, sinala que as bólas de chapapote non son doadas de ver, polo que os bañistas que acoden ás praias non se decatan da súa presencia ata chegaren á casa, cando ven o que levan nos pés.

Se ben inicialmente a vertedura foi localizada nas costas da provincia de Lugo, o chapapote está espallado polas tres provincias marítimas galegas e na comarca de Navia, en Asturias. Semellan ser hidrocarburos moi degradados.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.