A cultura urbana invade Rianxo este xoves con obradoiros creativos e o espectáculo Ópera Break’s

06 Agosto 2024

Este xoves a creatividade xuvenil toma a palabra en Rianxo, con motivo dos obradoiros de cultura urbana que organiza a Secretaría Xeral de Lingua (ao abeiro do programa FalaRedes e coa colaboración do Concello) e que inclúe unha xeira participativa de rap, de estampado de camisetas e de breaking (a partir das 19.00 horas no Campo de Arriba e na praza de Castelao, este xoves 8 de agosto); e máis un espectáculo chamado Ópera Break’s, que se celebra na praza de Castelao a partir das 21.30 horas.

Ópera Break’s é un espectáculo que mestura ópera, breakdance, beatbox e Dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano noiesa Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola. Contan unha historia a través da expresión musical e corporal e rompen as barreiras do clásico e do urbano, fusionándose nun espectáculo multidisciplinar onde todo o inimaxinábel pode suceder…

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.