“Traé la motosierra, carajo”. Antón Luaces

11 Xullo 2024

Que pasa no mundo para que todo quisque estea revolucionado, que é o que fai que, en 2024, se vivan situacións xa coñecidas en 1940 e que, máis de 80 anos dempois, os que xa non temos moito cabelo por peitear sintamos que o que reservamos para o inverno se arriche ata o punto de o ver crecho no espello diante dos chamados ao enfrontamento (polo de agora só verbal, aínda que algún físico tamén houbo xa) por posicionamentos políticos?.

Que será o que fai que o universo da estrema dereita (a estrema esquerda cala, de momento) estea como galo a cacarexar?. Que pode levar a Vox a lle pór en bandexa de prata a Núñez Feijoo a ruptura dun pacto que, dou por seguro, molestaba ao expresidente da Xunta de Galicia, hoxe en día presidente do PP, tanto como pode molestar unha navalla cravada nas costas?. 

En bandexa de prata, sí. E dubido que este servizo veña a prol dos intereses do señor Abascal e os seus. Polo menos, non tanto como pode servir ao PP. Porque bo número de militantes da dereita e o centro, afiliados ou simpatizantes do PP, non estaban/están moi na liña de secundar os pactos subscritos nas comunidades autónomas para gobernos de coaligación PP/Vox. 

E sendo así, que VOX decida rachar eses acordos porque o PP desexa contribuir ao reparto de obrigas humanitarias para o asentamento en España duns seis mil menores (menas, seguen a dicir os de Vox) non acompañados chegados en pateras á, para eles, terra de promisión, non é outra cousa que unha soluciòn inesperada a un problema de moi fondo calado.

Os resultados acadados ata o de agora no co-goberno PP-VOX en cinco comunidades autónomas do territorio nacional non son, aparentemente satisfactorios para a que  VOX denominou ata vai uns meses “derechita cobarde” ( o PP). Pero, de se cumprir exactamente o agora estabelecido por Santiago Abascal a respecto do pacto rescindindo este, como vai satisfacer Abascal os afáns de poder dos seus dempois de teren probado o mel do mando?. 

Seremos quen de entender un recuar de Feijoo para seguir detentando o poder nesas cinco autonomías e máis dun cento de concellos que lle outorgan esa autoridade política que coida lle corresponde por tal representación “maioritaria”?.

A conexión de VOX cos partidos do seu corte en Europa e parte de América en nada beneficia ao PP. Sen embargo esa conexión sí pode dar un novo pulo aos de Núñez Feijoo, especialmente aos votantes que non comungan cos Milei, Erdogan, etc. e que representan á dereita moderada, europeísta, considerada máis de centro.

Hai como unha certa “recomposición” da dereita española: esquerda, centro-dereita, estrema dereita, esquerda da esquerda?. En que mar “navega” Puigdemón, muñidor de conflitos que non atopan unha saída?. 

As motoserras, para os eucaliptos. Para a política, diálogo. Xaora.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.