A xornada comezará aínda cos ceos moi nubrados pero, a medida que avance o día, iranse abrindo claros sobre todo na metade sur da Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos ou descenderán lixeiramente, principalmente no terzo norte. Os ventos soprarán do norte e nordés, moderados con intervalos fortes ao final da xornada entre Bares e Fisterra.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



