O XI Encontro de Música e Baile Tradicional reunirá na Pobra a máis de 200 integrantes de catro agrupacións

10 Xullo 2024

A Pobra do Caramiñal, Ponte Caldelas, Viana do Castelo e Navalcán estreitarán lazos con motivo do XI Encontro de Música e Baile Tradicional. Esta cita de confraternidade arredor do folclore propio de distintas localidades de España e Portugal celebrarase o 13 de xullo, a partir das 21.00 horas, na praza Alcalde Segundo Durán da vila do Caramiñal. Contarase cunha barra de refrixerios e comida a prezos populares para contribuír a sufragar os gastos da Asociación Cultural Grupo de Gaitas Xiada, entidade promotora. En caso de chuvia, desenvolverase no Teatro Cine Elma.

Reunirá a máis de 200 persoas integrantes da A. C. D. Xiada (A Pobra do Caramiñal), Banda de Gaitas Coribantes (Ponte Caldelas), Grupo de Danças e Cantares Serreleis (Viana do Castelo, Portugal) e A. C. Revolvedera (Navalcán, Toledo). A edición deste ano, dedicada aos pazos da Pobra, estará presentada polo director do Museo Valle-Inclán, Antonio González.

“Nos últimos anos enmarcábamos este festival nas festas, pero neste ano apostamos por recuperar o seu formato orixinal para animar este sábado do mes de xullo. Trátase dun encontro xa consolidado no calendario municipal, que non só ofrece un intercambio cultural para as agrupacións participantes, senón que tamén posibilita que a xente siga desfrutando do noso. Se hai algo que caracteriza A Pobra é o tecido asociativo que traballa arreo para avivar e poñer en valor a nosa tradición. Proba disto son a cantidade de propostas que se lanzan neste senso, as cales seguiremos apoiando dende o Concello”, explica a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Xunto con integrantes da A. C. D. Xiada, a súa presidenta María González relata que agora toca vir á Pobra, se ben a entidade pobrense xa estivo no 25 de maio na LVI Festa da Troita, de Ponte Caldelas, e no 22 de xuño no XXXVII Festival de Folclore en Serreleis, en Viana do Castelo. Este intercambio chegará ao seu fin en Navalcán, en Toledo, na última fin de semana do mes de outubro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.