Novo número de xullo-agosto da edición mensual de “O Barbanza”

24 Xullo 2024
Portada “O Barbanza” número 63 de xullo

Como cada mes sae un novo número, nesta ocasión dobre, da nosa publicación mensual “O Barbanza” correspondente o mes de xullo-agosto. Esta edición está xa en distribución de balde en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos nos concellos da comarca, dedicando especial información ás festas e celebracións dos nosos concellos.

Coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade local completan este número de “O Barbanza” de xullo o número 63 e de agosto o número 64, e que como é habitual ten unha tirada de 7.000 exemplares de cada un, está xa en distribución de balde en todolos concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos ou ben descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Portada “O Barbanza” número 63 de agosto

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 3.100 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día.

Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias a redaccionbarbanza@gmail.com ou redaccion@obarbanza.gal ou a través de whatsapp 608 240 160.

As nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook e twitter.

O próximo número da nosa publicación impresa sairá a principios de setembro. Grazas polo apoio e darnos a coñecer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.