Comezamos a semana con cambios no réxime de ventos así, os ceos estarán máis nubrados pola costa, con entrada de choivas polo oeste á tarde que se irán xeneralizando pola noite.
As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas sen cambios en xeral pero con ascensos significativos ao norte. O vento soprará de compoñente sur, frouxo con intervalos moderados en terra e moderado no mar con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña.

O mal tempo continuará ata a segunda metada da semana. recuperándose o tempo seco e a suba das tenmperaturas a partir do venres,
O noso mar: Vento do sur á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á noite e 1 a 1.5 metros á tarde.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



