Incendio nun vehículo no quilómetro 16 da AG-11 en dirección Padrón, no concello de Rianxo

15 Xullo 2024
 Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 09:11 horas da mañá de hoxe, luns 15 de xullo, dun camión do que sae moito fume, co condutor fóra do vehículo.

Na chegada á estrada, e despois de realizar unha inspección, apreciouse un lixeiro fume na parte baixa onde se atopa o tubo de escape e o motor. O condutor xa descargara un extintor para apagar o lume.

Despois dunha valoración inicial e asegurarse que non había máis puntos de lume, comprobouse que existe unha pequena mancha de aceite debaixo do vehículo. Verteuse absorbente para evitar a propagación.

Rematado o servizo e despois de comprobar que a situación quedou totalmente controlada, quedando no lugar para a sinalización do perigo o persoal de mantemento da AG – 11 e o condutor do vehículo ata a chegada do guindastre para a súa retirada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.