O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu ao acto de inauguración da escola infantil “Agarimo” de Rianxo, que ofertará 29 prazas de 0 a 3 anos e contará con dúas unidades. Este servizo estará adherido ao programa de gratuidade da Xunta de Galicia, polo que a atención educativa será gratuíta para todo o alumnado.




