Encarna Otero Cepeda e a asociación Andar cos tempos gañan o VIII Premio Begoña Caamaño

24 Xullo 2024

A escritora e activista compostelá Encarna Otero Cepeda, na modalidade Traxectoria, e a asociación Andar Cos tempos, na modalidade Iniciativa, son as dúas propostas gañadoras do VIII Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero, certame convocado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña que busca cada ano recoñecer e poñer en valor traxectorias de colectivos e persoas comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o pensamento feminista e desde o eido da cultura, tanto no ámbito territorial da provincia como no conxunto do país.

O xurado desta oitava edición estivo presidido pola deputada de cultura, Natividade González, e composto por Lucía Canoura Sánchez, do Observatorio da Mariña pola Igualdade, pola xornalista María Obelleiro Hermida, o artista Sergio Díaz Marey, a escritora Eva María Mejuto Rial e a investigadora Daniela Ferrández Pérez. Como secretaria actuou Manuela Muñiz Souto, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes.

O xurado decidiu premiar a Encarna pola súa traxectoria vital, “xa que foi pioneira en introducir a perspectiva de xénero na Administración Pública e unha activista a prol do feminismo desde unha perspectiva de país”.

No caso da asociación Andar Cos Tempos, o xurado recoñeceu o seu labor “por ser un cambio de paradigma dentro da música tradicional galega cunha perspectiva feminista e non heteronormativa, actualizando e revisando a tradición desde a orixe para facela máis igualitaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...