Arrincan as Festas de Taragoña con tres xornadas de troula intensa

18 Xullo 2024

Estes xoves 18 comezan na nosa comarca unha manchea de celebracións. Por exemplo as Festas de Taragoña (Rianxo), organizadas pola Comisión de Festas. Arrincan este xoves coas 21 bombas de palenque e con ruadas a cargo de Os Pequenos do Barbansa e Trécola Tradicional. Logo da sesión vermú a cargo de La Buena Vida, no Campo de Pazos, Fanfaria Furruxa protagonizará unha ruada a partir das 18.00 para rematar ás 21h no Campo de Pazos. Ás 22.30 horas comezará a verbena con Panorama e Galilea.

O venres a xornada comezará coas ruadas da Banda de Música de Cee e Os Pequenos do Barbansa, e cun concerto (ás 13h) coa Banda de Música de Cee no Campo de Pazos. A sesión vermú (ás 13.30) virá da man de Los Lunes al Sol. Pola noite actuará (no Campo de Pazos ás 21h) Silva Redonda e as orquestras París de Noia e Origen, a partir das 22.30 horas.

O sábado arrinca cunha ruada de Buxaina e da charanga Era Visto. Buxaina volverá tocar ás 13.00 horas no Campo de Pazos para dar paso a Terapia de Grupo, que protagonizará a sesión vermú a partir das 14 horas. Pola tarde, a partir das 17h, haberá actividades para a rapazada con festa da escuma (Infantilandia). Pola noite no Campo de Pazos actúa Tremenda Sudada e logo virá a verbena da man de Saudade, Son de Rosas (Tributo a La Oreja de Van Gogh) e Disco Móbil Euphoria Disco Show.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.