Aparece o corpo sen vida dunha persoa aboiando no mar en Castiñeiras (Ribeira)

27 Xullo 2024

Aparece o corpo sen vida dunha persoa aboiando no mar en Ribeira. Segundo informa o 112, un particular alertou da súa presenza preto do peirao de Castiñeiras pouco despois das catro da tarde.

O home, de 44 anos, xa estaba case fóra da auga e había persoas tentando asistilo. Foille practicada a reanimación cardiopulmonar, pero, á súa chegada, o médico só puido certificar a morte do home.

Desde Salvamento Marítimo chegaron a mobilizar a súa embarcación de rescate Salvamar Sargadelos, aínda que finalmente non foi necesaria porque o corpo atopábase xa na beira do mar.

Unha vez retirado da auga polos servizos de emerxencias, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o falecemento da persoa implicada.

No operativo participaron, ademais do persoal sanitario, a Policía Nacional, a Garda Civil e o Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) de Ribeira. Ao mesmo tempo, informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil do municipio.

TVG

Ao parecer, segundo testemuñas, o falecido era natural de Porto do Son. O corpo presentaba un pequeno golpe na cabeza, que puido ser froito da caída ao mar.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.