Aínda podemos inscribirnos no curso de hidromel de DAGA Barbanza na Pobra

06 Xullo 2024

Dende DAGA do Barbanza Salnés (a Delegación da Asociación Galega de Apicultura que dirixe Fernando Cores) chéganos un recordatorio de que están abertas as inscricións para o seu curso formativo de verán para a elaboración de hidromel. Celebrarase o 13 de xullo en formato presencial, no número da rúa Condado na Pobra do Caramiñal, en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 horas) e de tarde (de 16.00 a 19.30 horas). A actividade (teórica e práctica) será impartida por Argimiro Porto.

Quen precise máis información do curso ou inscribirse pode chamar ao número 609831755 ou ben enviar un correo electrónico á conta dagabarbanzasalnes@apiculturagalega.gal.

Para quen non o saiba, o hidromel é unha bebida alcohólica fermentada a base de mel e auga. Consumida desde a antigüidade, a súa fabricación é anterior á do viño e seguramente á da cervexa, segundo se fai saber na Galipedia, onde se engade que tamén foi unha bebida consumida polas culturas celta, saxoa e viquinga, e mesmo, alén do Atlántico, pola cultura precolombina dos maias.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.