A praza da Cruz de Outes e o seu estanque locen nova estética grazas ao traballo de sete veciñas

31 Xullo 2024

A Área de Obras e Servizos do Concello de Outes compartiu nas redes os traballos despregados polas veciñas que levaron a cabo o acondicionamento da praza da Cruz e da fonte central da mesma. Os traballos incluíron o baleirado previo da fonte (requirido polas veciñas ao Concello), o limpado integral da mesma e a mellora estética da construción e da súa contorna.

No que comezou sendo un traballo de dúas persoas acabáronse sumando cinco veciñas máis, levando a cabo (a pasada fin de semana) un importante traballo de retirada de de lama, raíces e residuos e de reestruturación de bloques e pedras, colaborando o Concello co plano loxístico (un chimpín, un operario e ferramentas). O martes baldeouse a praza e encheuse novamente o estanque, que foi rematado esteticamente coa colocación de plantas novas e un xardín circundante. Participaron as veciñas Ana, Begoña, Chichita, Eva, Isamel, Naty e Paula.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.