“A máis mariñeira das devocións”. Antonio González Millán

20 Xullo 2024

«Ave, Maris Stella» con esta invocación laudatoria comeza un dos himnos marianos medievais máis celebrados da igrexa católica, entoado na véspera das festas consagradas á Virxe, nai do salvador por inmaculada concepción. Magnífico e substantivo epíteto para debullar cos lectores as principais efemérides da máis mariñeira das devocións. A matria Galicia celebra no mes de xullo, así en portos da ribeira como en terras de mar adentro, o culto e a festa das vidas guiadas polas estrelas: a Virxe do Carme, guía protectora de almas e familias mariñeiras, e o apóstolo Santiago, guieiro espiritual dos que transitan polos azarosos camiños da vida e da esperanza no alén.

O culto ao Carme na freguesía de Santiago, parroquia correspondente ao antigo porto e vila da Pobra do Deán, documéntase desde mediados do século XVIII. Corre o ano de 1754 cando frei Francisco Colmenero publica El Carmelo ilustrado, con Favores de la reyna de los ángeles, con indulgencias, y privilegios, con tropheos, y esclarecidas virtudes de sus hijos. Libro curioso, consecuente co impulso vivido por esta devoción no Reino de Galicia, desde que no ano 1726 o papa Benedicto XIII estendese á igrexa católica a veneración piadosa que conmemora a aparición da Virxe a san Simón Stock, ao que revela que daría protección particular ás persoas que vistan o seu hábito ou escapulario.

Especial interese ten para Barbanza un dos relatos en que se alude ao suceso milagroso atribuído polo autor á Virxe do Carme, acaecido en Arousa o ano 1752. Dinos así: «En el mes de abril de el año pasado, de 1752, caminaban diversas personas en una embarcación, desde la villa de Villa-Nueva, junto a Cambados, a la de la Puebla del Deán, y en medio de la ría se levantó una tan pavorosa tempestad, que todos se vieron en el mas evidente peligro de ser sumergidos de las aguas, había entrado tanta en el barco, que les daba ya por las rodillas, las olas, que por todas partes los cubrían, parecían amenazas, que los querían tragar; en tanto conflicto, y desconsuelo, todos a una vez (serían más de cuarenta) clamaban con imponderables ansias, invocando el patrocinio sagrado de la Virgen Santísima del Carmen, cuyo escapulario vestían, en fuerza de la universal devoción, que en todos aquellos países tienen con la divina señora, y luego experimentaron el amparo de su piedad soberana, habiendo cesado la tempestad, y aportaron a la Puebla del Deán, en donde inmediatamente que salieron, fueron a dar gracias a la Reyna de los Ángeles, en la parroquial de aquella villa, en donde fue público, y notorio este suceso, y sus vecinos, que estaban a la vista, tuvieron por gran maravilla, el que se hubiese salvado la embarcación…».

As manifestacións

Ante semellante acontecemento non se fan de agardar as consecuencias culturais e artísticas xurdidas da excitada piedade colectiva. Lembremos algunhas das manifestacións vinculadas a feitos tan extraordinarios.

A fundación canónica da confraría de nosa señora do Carme nesta freguesía, escriturada no 18 de novembro de 1751, onde intervén o propio frei Francisco Castro. A ofrenda de don Xoán Mariño Romero de Moscoso, señor do pazo do Couto, dunhas lámpadas de prata para poder alumear a imaxe desta advocación naquel mesmo ano. En consonancia con tan profesa efervescencia do culto carmelita, que a veciñanza e o reitor da freguesía, Carlos Maneiro San Mamed, acometan a renovación dunha primitiva capela gótica que, desde 1464 e ata 1752 fora panteón da liñaxe medieval dos Xunqueiras, pasando a ser, no ano 1752, capela e altar consagrados á Virxe do Carme.

Cónstanos que a irmandade fundada o 18 de novembro de 1751 extinguírase nun momento indeterminado. Por outros papeis do arquivo eclesiástico sabemos que se restablece o 16 de xullo de 1816, sendo reitor don Xoán Antonio de Lomba e Pillado. A constitución pola que se estipula, entre outros asuntos, que «todos los terceros domingos de mes ha de haber procesión alrededor de la iglesia y se colocará para ella en andas a N. M. del Carmen, la pequeña, por más cómoda, y todos los cofrades ganarán indulgencia plenaria».

Como curiosidade, entre os asentos das máis de cen persoas alistadas na restituída confraría atopamos a dinastía dos Montenegro do pazo de Colo de Arca, e nomes como os de Dolores Saco e Carlos del Valle, os devanceiros do célebre Ramón María del Valle-Inclán. En fase posterior contrátase un novo retablo que chega ata os nosos días. O epígrafe da cornixa informa de que «este altar se hizo a expensas [de la] marinería y pueblo. Año 1895», sendo reitor Manuel Segade Lorenzo e coadxutor Manuel Soler Rutllá.

Contemporáneo á fabricación deste moble litúrxico, o ilustre economista Joaquín Díaz de Rábago deixa escrito desde a Casa Grande de Aguiar que «la piedad también de ordinario levanta su porción: la Virgen del Carmen, querida de los navegantes, y a quien invocan en los momentos de mayor angustia […] tiene su palangre marcado, libre de todo gasto; y el producto de cuanto ese palangre pesca inviértelo la tripulación en actos de culto.» (La industria de la pesca en Galicia, ed. 1885).

Concluímos cunha nota de Nicolás Garrido Piñeiro, cura desta parroquia desde 1954 e durante 49 anos, onde describe a procesión observada no tránsito dos séculos XX a XXI: «Hoy se celebra su festividad el día 25 de julio, con misa solemne y procesión por mar, precedida de novena», desfilan as efixies do Carme e de Santiago, pois que o apóstolo é o patrón da freguesía e a procesión da estrela do mar xunguírase ao día da maior festividade xacobea e de Galicia. Daquela, no porto as embarcacións mellor engalanadas recibían trofeos. Estampas de tempos idos!

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...