Rematadas as obras da nova glorieta da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a Alameda de Noia

13 Xuño 2024

Executouse unha nova glorieta, con calzada de carril único de 6 metros e con beiravías, e cun deseño que ten en conta a presenza de numerosas vivendas na súa contorna. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou hoxe esta intervención en Noia.

A Xunta rematou, cun investimento de máis de 1,15M€, as obras da nova glorieta no cruce da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a alameda de Noia.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou hoxe esta intervención en Noia.

Destacou que se habilitou unha nova glorieta de 26 metros de diámetro, cunha illa interior de 2 metros, calzada de carril único de 6 metros e beiravía interior e exterior.

Sinalou que a nova rotonda mellora as condicións de seguridade do cruce da Barquiña e favorece os movementos e xiros dos vehículos. Ademais, acondicionáronse os ramais de acceso á glorieta e renovouse o capa de rodaxe.

A intervención tamén comprendeu a mellora dun treito da estrada AC-550 ao longo de 1,3 km, entre a glorieta e a alameda de Noia, ademais da renovación da capa de rodaxe da travesía e a redistribución do ancho da estrada, habilitando un itinerario peonil accesible nunha das marxes.

A actuación tamén incluíu a renovación de beirarrúas e supuxo a reorganización da sección transversal da estrada, na que antes da intervención localizábase un aparcadoiro, insuficiente en ambas as marxes, que provocaba que os vehículos subiran á beirarrúa e a deteriorasen.

Finalmente, á espera dalgúns remates das compañías subministradoras de electricidade e telecomunicacións, os traballos completáronse coa instalación de balizamento e sinalización horizontal e vertical.

A conselleira lembrou que a Xunta continúa avanzando na mellora das estradas, tendo mobilizado un investimento de 14,4M€ na estratexia de eliminación de treitos de concentración de accidentes, que permitiu diminuír nun 60% a sinistralidade rexistrada en 50 quilómetros de puntos negros na rede autonómica de estradas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...