“Ramón del VALLE-INCLÁN foi protagonista alén da súa (e da nosa) Terra…”.

04 Xuño 2024

Antonio González Millán.- 1.000 qm de ida e volta despois xa estamos de novo en Galicia. Esta fin de semana, os días venres 31 de maio e sábado 1 de xuño, Ramón del VALLE-INCLÁN foi protagonista alén da súa (e da nosa) Terra…

Dende A Pobra do Caramiñal e dende Santiago de Compostela acodíamos á convida que nos ofreceu a Cía. teatral ‘La Quimera de plástico’ para ser espectadores da súa representación da obra «¡Hasta aquí hemos llegado!» Máis de 40 anos de empeños teatrais que conclúen poñendo sobre as táboas do escenario un dos grandes títulos do autor galego: «Los cuernos de Don Friolera» —esperpento escrito e enviado ao prelo dende o Pazo da Mercé (Posmarcos, A Pobra)— nese magnífico TEATRO CALDERÓN, que é o templo principal das artes escénicas nunha cidade onde operan nove teatros… 9!!!

Esta beleza que observades é o indicado TEATRO CALDERÓN de Valladolid. Con cabida superior ás mil prazas, VALLE-INCLÁN sumou un grande éxito de público. Foron dúas sesións ateigadas de espectadores nunha sala teatral onde as persoas asistentes acceden pagando entrada… e contáronse por dous miles… para admirar o xenio do escritor galego que renovou o teatro europeo do século XX.

Que orgullo!!! Valle-Inclán petou o teatro!!! Un teatro con 1.000 prazas por función!!! VALLE-INCLÁN enche teatros alén nós: por terras alleas ao veto, a ignorancia militante e o clientelismo que da cobertura a un pesebrismo xenófobo e a un provincialismo caciquil entre galegos e pobos… por terras de promotores culturais que non practican a exclusión nin o ceibado de pícaros e vilezas de madrugadores.

Aprenderán eses outros por Galicia?

A falla desa itinerancia por entre todas as localidades valleinclanianas que voces como a de quen opina, e outras máis, levamos 26 anos propoñendo para beneficio de Galicia enteira e non exclusivamente para lamecús sen máis miras que alimentar de esterco a súa leira… Outros, nós, alén dos marcos proporemos que localidades claves na vida e na creación do gran don Ramón, A Pobra do Caramiñal e Santiago de Compostela, se sumen aos éxitos do “galego extraordinario”, do “fillo da Terra que máis se lle parecía”, do “mellor artista de Galicia” (Castelao dixit, 1939) por ben de toda Galicia e non só para os mecedores da cuna.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.