O Náutico de Portosín formará á rapazada local en navegación na modalidade Optimist

19 Xuño 2024

O Real Club Náutico de Portosín presentou unha iniciativa encamiñada a introducir á rapazada no apaixonante mundo da navegación: Bautismo de Mar. Máis concretamente, diríxese a nenas e nenos dos colexios de Porto do Son (exclusivamente) con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos (ambas inclusive) para que coñezan de primeira man a navegación en embarcacións da modalidade Optimist e gozar do mar nos primeiros días das vacacións de verán. Haberá prazas limitadas (máximo 15 por grupo) e o custe será de 10 euros, incluíndo seguro deportivo. As formacións desenvolveranse os días 26 e 27 de xuño. Haberá dúas quendas: o grupo das mañás (de 10:30 a 14:00 horas) e o das tardes (de 15:00 a 18:30 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.