O INCIPIT leva a cabo un piloto experimental no petróglifo de Bouza Badín, en Dodro

06 Xuño 2024

O Concello de Dodro e o INCIPIT (o Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC) colaboran nun estudo sobre a percepción dos petróglifos de Bouza Badín. Dentro da iniciativa europea XSCAPE sobre mentes materiais, un equipo de investigadores traballou nun meirande coñecemento do petróglifo de Bouza Badín, no concello de Dodro.

O proxecto, que combina técnicas de neurociencia e modelos computacionais coas máis avanzadas metodoloxías da arqueoloxía, estuda como o mundo que construímos chega a transformar a nosa mente e a nosa forma de procesar a información, modificando activamente os patróns de pensamento e atención. “O proxecto”, sinala o instituto INCIPIT-CSIC, “trata de responder estas preguntas con diferentes técnicas que combinan o seguimento dos movementos oculares coa medición doutros indicadores, tanto fisiolóxicos como de movemento”.

Dentro deste marco, o pasado sábado 1 de xuño levouse a cabo un piloto experimental no petróglifo de Bouza Badín, en colaboración co Concello.

Oito persoas do Concello axudaron á recollida de datos sobre movemento e observación do petróglifo, xerando gran cantidade de datos que o equipo do proxecto XSCAPE analizará nas próximas semanas. Ademais, o vindeiro sábado 8 de xuño ás 18:00, o investigador do proxecto Manuel Santos-Estévez, experto en arte rupestre, conducirá unha conferencia na Casa da Cultura sobre o petróglifo no contexto da prehistoria galega, seguida dunha visita guiada ao mesmo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.