O grupo Ska-rnio abre este venres a Mostra da Escola de Teatro de Airiños en Rianxo

20 Xuño 2024

Este venres 21 e sábado 22 de xuño, no Auditorio de Rianxo, a histórica agrupación rianxeira Airiños celebrará unha mostra das obras dos tres grupos da súa Escola de Teatro: o grupo Ska-rnio con Fraktal (o venres 21 ás 20.00 horas), o grupo Teatrinclis con Alí, Sía e o país das marabillas (o sábado 22 ás 19.30 horas) e o grupo Patakamakabra con Na Rúa 24 (o sábado ás 20.30 horas). A entrada será de balde até completar o aforo (con retirada de convites unha hora antes das funcións). Toda a información sobre estes espectáculos témolo no Facebook da agrupación.

Fraktal é unha creación colectiva de Ska-Rnio Escénico, grupo de +16 anos da escola de Airiños, creada dende a investigación e a liberdade creativa. Unha proposta chea de luz e escuridade na que cohabitan as personaxes, que danzan nas sombras para (sobre)vivir.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.