O Centro Social de Boiro celebra este venres o seu 25 aniversario

12 Xuño 2024

O Concello de Boiro celebra este venres 14 de xuño o 25 aniversario do Centro Social de Boiro cun acto de recoñecemento aos distintos axentes implicados durante a súa traxectoria. O acto institucional comezará ás 20.30 horas no andar baixo do centro e será aberto ao público.

O acto contará coa proxección dun vídeo recompilatorio do que foron estes 25 anos de traxectoria e traballo pola cultura e a participación cidadá. Ademais, haberá momento para os recoñecementos aos distintos servizos e persoas implicadas na actividade do Centro Social de Boiro e actuacións como a da Escola de Música de Boiro que tamén desenvolve a súa actividade no propio inmóbel municipal.

O Centro Social de Boiro é un equipamento público que leva 25 anos promovendo a cidadanía e que acolle actividades de todo tipo como de voluntariado, musicais, programacións culturais, propostas para a mocidade… conta con biblioteca, sala de exposicións, Aula CeMIT, cafetería…

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.