Normalidade e ausencia de incidencias na constitución das 3.922 mesas galegas nas eleccións deste 9-X

09 Xuño 2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou este domingo pola mañá a normalidade e ausencia de incidencias na constitución das 3.922 mesas electorais que acollerán durante a xornada deste domingo 9 de xuño as eleccións ao Parlamento Europeo en Galicia. A última mesa en constituírse foi en Ponteareas (Pontevedra), pasados uns minutos das nove da mañá (que podería prolongarse ao remate da xornada). Blanco agradeceu o traballo de todas as persoas que “colaboran para o normal desenvolvemento deste proceso e que suman máis de 21.000 entre a cidadanía que forma parte das mesas electorais, persoal da Delegación e subdelegacións do Goberno e das Forzas de Seguridade do Estado e policías locais”.

As primeiras mesas en constituírse o fixeron ás 8 da mañá no Centro Cultural de San Paio (Crecente-Pontevedra), na Alianza Aresana (Ares-A Coruña), e nos baixos do grupo escolar de Xunqueira de Espadañedo (Ourense). A primeira mesa en constituírse na provincia de Lugo foi con Centro Social de Toimil, en Xove. Ourense foi a primeira provincia en ter constituídas as súas 531 mesas
electorais coa mesa da Escola de Ganade, en Xinzo de Limia. Lugo pechou a constitución das súas 527 mesas coa da Escola de Carracedo, no concello de Láncara. A Coruña pechou a constitución das súas 1.517 mesas coas do CEIP Victor López Seoane, na cidade da Coruña

Nestas eleccións poderán participar 2.702.442 galegos e galegas, dos que 109.690 o farán por primeira vez nunhas eleccións europeas ao ter cumprido os 18 anos desde a última cita deste proceso. Do total, 7.459 son persoas cidadás da Unión Europea residentes en Galicia e 480.221 representan a galegos e galegas que viven fóra das fronteiras españolas.

En canto á loxística, Galicia conta con 3.922 mesas distribuídas en 2.337 locais electorais. Estas mesas son atendidas por 11.766 persoas elixidas por sorteo. A estas hai que sumar os 311 empregados e empregadas da Delegación do Goberno e das subdelegacións que durante esta xornada están atendendo as incidencias e os 2.547 representantes da Administración nos colexios electorais, que son as persoas encargadas de dar a coñecer os resultados finais das votacións e os datos de participación ao longo da xornada.

Ademais, para garantir que o dereito a voto se exerza en Galicia con normalidade, o Goberno desprega máis de 7.000 axentes: 2.101 da Policía Nacional; 4.278 da Garda Civil e 996 da Policía Local.

Haberá dous avances de participación: ás 14 e ás 18 horas. Ás 20 horas pecharanse as mesas e empezará o escrutinio, sumando os votos efectuados en mesa coa incorporación dos votos emitidos por correo. Os representantes da Administración presentes nas mesas realizarán a comunicación dos resultados de cada mesa. A partir das 23 horas poderanse consultar os datos provisionais a través da web de resultados das eleccións ao Parlamento Europeo e da aplicación móbil habilitada polo Ministerio do Interior.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...