Marta Villaverde reuniuse cos representantes das confrarías de Muros, O Son, Portosín, Lira e Noia para escoitar as súas demandas

10 Xuño 2024

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo este luns 10 de xuño un encontro de traballo con representantes das confrarías de Muros, Porto do Son, Portosín, Lira e Noia e as súas asistencias técnicas co obxectivo de abordar de forma conxunta as necesidades dos bancos marisqueiros xestionados por estas entidades na zona. A xuntanza, que tivo lugar na sala de xuntas da lonxa de Muros, serviu para analizar a situación particular da actividade marisqueira e para afondar na necesidade de intercambiar co sector as experiencias acumuladas e iniciativas en marcha co obxectivo de alcanzar conclusións sobre as cales elaborar novas propostas.

Durante a reunión os representantes das entidades reflectiron o delicado estado dos bancos marisqueiros que explotan e as dificultades que ven de cara á vindeira campaña.

A xuntanza encadrouse nas sesións de traballo da Consellería do Mar cos máximos representantes das confrarías galegas para abordar directamente con cada pósito os aspectos particulares dos diferentes bancos coa finalidade de artellar respostas específicas e máis efectivas ás necesidades de cada un deles.

Na sesión deste luns informóuselles aos representantes das confrarías sobre o estado de liñas de axudas abertas así como as que se publicarán proximamente a disposición do sector marisqueiro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...