Estaba axeonllado, rodeado de fume e cascallo. Dos seus inmensos ollos desprendíanse bágoas que deixaban marcado na súa faciana un rego que morría nos beizos. Tremábanlle as mans e os pés descalzos evidenciaban días sen auga e sen unha persoa maior que llos lavara. Carros de combate subían e baixaban montañas de refugallos que falaban por si mesmos do labor incesante das bombas chegadas de non se sabe onde porque en Gaza non existen referencias. Un neno choraba sen consolo a ausencia dun anainar que xa non chegará nunca xamáis: as bombas dos avións da estrela azul de cinco puntas mataran a quen tanto por el velara. Mamá non regresará e o cativiño sabíao, afeito como estaba a ver caer ao chan corpos desfeitos que non se erguían nunca máis.
É unha màis das 36.000 vítimas civís palestinas (15.000 cativos e máis de 10.000 mulleres) desa masacre israelí perpetrada en oito meses, dende que os terroristas de Hamás atentara en territorio xudeo contra máisd dun milleiro de cidadáns de Israel. Todo esto no medio dunha destrucción case absoluta das cidades levantadas na franxa de Gaza que se considera superior á sufrida por Alemaña durante os anos da II Guerra Mundial.
Aos mortos palestinos deben ser engadidos máis de 80.000 feridos de moi diversa consideración e outros moitos milleiros de nenas e nenos orfos por teren perdidos os seus respectivos país nesta nova guerra israelo-palestina que Netanyahu non pretende rematar ata que as súas tropas liquiden a Hamás (ou, o que no fondo semella querer acadar, se asegure un futuro de moitos anos nunha Gaza sen mocidade palestina que poda integrarse en novas reclutas terroristas a prol dun Estado que Israel non contempla, por máis que un cento e medio de países da ONU, entre estes España, promovan a constitución dos dous países -Israel e Palestina- como acordaran as nacións no ano 1947).
O presidente de Estados Unidos, Joe Biden, ven de facer una nova proposta para por fin ao conflito de Gaza porque, dixo, ,”é hora de que remate esta guerra”. Unha proposta de tres partes que comezaría cun alto o fogo de seis semanas no que as Forzas de Defensa de Israel (FDI) se retirarían das zonas poboadas de Gaza. A este aspecto sumarìase un “aumento” de axuda humanitaria, así como un intercambio dalgúins reféns por prisioneiros palestinos.
O acordo conduciría eventualmente a un “cese de hostilidades” permanente e a un importante plan de reconstrución para Gaza.
Un plan que os líderes europeos recibiron satisfatoriazmente, ao igual que o grupo palestino, e que Benjamín Netanyahu rexeita, optando claramente pola man dura aplicada sempre, especialmente nos últimos oito meses: “Non haberá un alto o fogo en Gaza ata que Hamás non sexa destruido”.
Sinto, como pai e como avó, que teremos que seguir a ver nenos, nais e pais, avós palestinos envolveitos en sudarios brancos rotulados con caracteres árabes que reclamarán a atención dun mundo no que as axudas de toda caste facilitadas a Israel por USA non van permitir una proposta feita absolutamente a prol dunha campaña pesidencial norteramericana na que o de menos son as bágoas dun rapaz na súa soidade.



