Falece un veciño de Muros ao caerlle unha árbore enriba

10 Xuño 2024

O veciño estaba a cortar un exemplar nunha leira da súa propiedade. Malia os esforzos, nada puido facerse por este septuaxenario da parroquia muradana de Serres: a árbore golpeouno fortemente na cabeza, tal e como explicou un dos alertadores a través do 112 Galicia.

Pola súa banda, unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiu ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que sen éxito. Tamén colaboraron os efectivos do Grupo Supramunicial de Emerxencias de Muros, que á súa chegada puideron confirmar as primeiras sospeitas: o home estaba falecido pola caída da árbore que estaba a cortar.

O tráxico accidente produciuse no ámbito privado, xa que ocorreu nun predio da propiedade do falecido. Eran preto das catro desta tarde cando se recibiron os primeiro avisos.   

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.