Dúas persoas perden a vida ao sufrir un accidente en moto en Teo

06 Xuño 2024

Arredor da 1:40 horas, o 112 Galicia foi coñecedor deste suceso a través da Garda Civil de Tráfico, desprazada ata o lugar de Cabovila, na parroquia de Calo. Segundo indicaron, a moto bateu contra un vehículo aparcado e os motoristas estaban inconscientes tralo choque.

Decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Santiago e GES Brión. Tamén se informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).

Nunha nova comunicación cos axentes da Garda Civil de Tráfico, estes confirmaron que os dous ocupantes da moto estaban falecidos.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.