Abertas as inscricións para participar na VIII Orientación Urbana de Portosín (“A Orientasón”)

10 Xuño 2024

O 23 de xuño, a partir das 10.00 horas, celebrarase a oitava edición da Orientación Urbana en Portosín, A Orientasón. Organiza novamente a ADC Arnela, coa colaboración do Concello. Será unha actividade lúdico-deportiva apta para tódalas idades e condicións físicas e, en palabras da asociación, “un xeito ideal de descubrir as rúas de Portosín dunha maneira diferente”. Non fai falla correr nin ter experiencia previa e a organización lembra que estará a disposición das e dos participantes para todo o que precisen. O prazo de inscrición remata o vindeiro 18 de xuño ás 23:50h (a través, por exemplo de Depor Tícket).

Para quen non o saiba, o deporte de orientación é unha actividade que combina a práctica física coa navegación na natureza ou, tamén, en espazos urbanos. Consiste en que cada participante, coa axuda dun mapa e un compás, tense que orientar por camiños descoñecidos ata atopar, nunha orde determinada, os puntos de control que se marcaron sobre o terreo. O reto deberá facerse no menor tempo posíbel. Estes puntos de control poden ser balizas ou estar marcados de forma electrónica e adoitan situarse en zonas de difícil acceso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.