A V Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de Ribeira vén con 600 euros en tarxetas agasallo e o sorteo dunha “finde eléctrica”

12 Xuño 2024

A Asociación de Empresarios de Ribeira vai celebrar esta fin de seman a quinta edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico (vehículo novo, quilómetro 0 e xerencia). Celebrarase na praza de España de Santa Uxía os días 14,15 e 16 de xuño. O horario será de 11.00 a 20.00 horas os tres días. A entrada é de balde.

Nesta edición da campaña a patronal vai sortear 600€ en tarxetas regalo para gastar entre os concesionarios participantes entre todos os tíckets de compra dos establecementos asociados que se suban á web da asociación (www.empresariosriveira.com) e estean selados na Feira do Automóbil.

A maiores, vaise sortear unha “fin de semana eléctrica”, un sorteo dunha fin de semana cun vehículo eléctrico.

Trátase dunha actividade financiada pola Xunta, a Deputación da Coruña, o Concello de Ribeira e a propia Asociación de Empresarios. Participan as seguintes marcas: Opel, Jeep, Fiat, Citroën, Peugeot, Audi, BMW, Toyota (Compostela Móvil), Lexus, Mercedes, Kia, Skoda, Ford e Hyundai.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.