A EMB de Boiro celebra o seu Festival de Fin de Curso o mércores na praza da Terceira Idade e o xoves na Pousada

17 Xuño 2024

Proseguen as actividades de remate de curso da Escola de Música Municipal de Boiro (Festival de Fin de Curso da EMB). Este mércores 19 de xuño celebrarase outro concerto da EMB na praza da Terceira Idade de Boiro, a partir das 20.00 horas.

Organiza a Área de Cultura do Concello, a EMB e Sonaxe.

O ciclo de concertos comezou o día 10 de xuño cunha audición de ventos e proseguiu o día 14 cunha colaboración no XXV Aniversario do Centro Social.

A axenda complétase coa actuación deste 19 de xuño ás 20.00 horas (na praza da Terceira Idade, no I Festival Fin de Curso) e cun novo concerto este xoves 20 de xuño (ás 20.00 horas na Pousada das Ánimas, no II Festival de Fin de Curso).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...