A Deputación presenta aos alcaldes e alcaldesas da provincia o novo padrón “online” e a app do Catastro

14 Xuño 2024

 Coincidindo coa Semana da Administración Aberta que organiza o Goberno de España estes días, a Deputación da Coruña e o Catastro presentaron hoxe aos alcaldes e alcaldesas da provincia as novas ferramentas tecnolóxicas e virtuais que ambos organismos poñen a dispor dos municipios e a cidadanía.

A xornada foi inaugurada polo deputado de Facenda, Contas e Avance Dixital,José Ramón Rioboo,  a xerente rexional do Catatro, Victoria Fernández, e o xerente adxunto, Isidoro Miguel Pérez.

Rioboo destacou a importancia da “colaboración entre institucións para achegar a administración á cidadanía e prestar máis e mellores servizos”. Neste sentido destacou iniciativas xa en marcha como os Puntos de Información Catastral (PIC) que, grazas a un acordo entre Deputación e Catastro, ten instalados a administración provincial en todas as súas oficinas tributarias da provincia para achegar a información castastral que o cidadán necesite ou demande.

Tamén salientou o avance que supón o novo padrón “online”, que se está implantando en todo o Estado cun investimento de máis de 60 millóns de euros con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Goberno de España, un proxecto que na provincia da Coruña lidera a Deputación, e que permitirá “a actualización e sincronización en tempo real dos datos dos padróns municipais e o Instituto Nacional de Estadística (INE)”.

Esta nova forma de xestionar os padróns municipais suporá un salto de calidade, xa que se poderá coñecer a evolución da poboación con maior frecuencia, xerar unha base de datos sobre fogares e quen conviven nestes, dispor de información territorial unificada e ofrecer servizos homoxéneos á cidadanía. 

O padrón municipal é un rexistro administrativo importante, xa que permite que as persoas podan ter acceso a servizos públicos como educación, sanidade ou servizos sociais nun municipio, ademáis do dereito ao voto nos distintos procesos electorais.

A Deputación presentou tamén as liñas mestras da súa Estratexia Dixital, que inclúe un plan de ciberseguridade, a renovación de infraestruturas dixitais, melloras na accesibilidade  e o proxecto “Concello Dixital”.

O Catastro estrea app oficial

A xerencia territorial do Catastro presentou un servizo de atención por videochamada;  un novo asistente virtual ao cidadán na súa sede electrónica e Catastro.app, unha aplicación móbil para facilitar as xestións.

Esta permitirá reunir e personalizar en cada dispositivo móbil, só para uso persoal, información de todos os seus inmobles urbanos e rústicos, xa que poden engadir fotografías, esbozos ou anotacións. 

O acceso á nova aplicación require previa identificación a través dos diversos sistemas establecidos como Cl@ve PIN, Cl@ve permanente, certificado electrónico ou, en caso de non dispor de credencial electrónica, é posible a identificación introducindo o DNI ou NIE e a referencia catastral do inmoble do que sexa titular. Tamén se pode solicitar o alta en Cl@ve.

Outros artigos

Domingo, San Cristovo, día pasado por choiva e baixa temperatura

Durante a xornada do domingo, día de San Cristovo, quedaremos na influencia dun centro de baixas presións, con ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, os ceos estarán moi nubrados, con chuvias febles e intermitentes, máis probables no litoral oeste, aínda que...

+

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...